Buscar neste blog

luns, 15 de abril de 2024

QUEN É QUEN: RECOÑECER AS NOSAS BIBLIOTECAS

 


Para celebrar o Día do libro temos un concurso no que recoñecer aos profesores e profesoras e parte do persoal non docente segundo os seus andeis e os libros que neles aparecen.

Cada andel pertence a unha persoa diferente e hai algunha pista. Pero é ben difícil!!!

Intentádeo. Hai premio.



A CLASE MÁIS LECTORA

 


Queremos premiar a clase máis lectora do IES de Mos en Hora de ler.
Para iso durante unhas semanas levaremos un rexistro de canta xente leva libro propio para a lectura.
Moita sorte e a ver quen son os elixidos e elixidas!!!

venres, 12 de abril de 2024

FORMAMOS

 


Durante a semana do 8 de abril tivo lugar no Pavillón Óscar Pereiro, en Mos, a feira de educación Formamos.

O IES de Mos e a súa Biblioteca participaron cun stand no que reparou moito público.