Hoxe deu comezo...
Un novo xeito de organizar Hora de ler.
Lembrade que é diario.
Lembrade que vai cambiando cada semana.
Lembrade que non é unha obriga, é un pracer.
Blog da Biblioteca do IES de Mos
Hoxe deu comezo...
Un novo xeito de organizar Hora de ler.
Lembrade que é diario.
Lembrade que vai cambiando cada semana.
Lembrade que non é unha obriga, é un pracer.
Uns días antes de que abramos as portas da nosa Biblioteca, pois xa sabedes que en setembro adoitamos pechala para tarefas de xestión, os grupos de 1º ESO gozan dunha visita guiada polas nosas instalacións cun xogo de pistas sobre sección e libros deseñado pola profesora Carmela Rodríguez.
E para rematar levan como agasalla un bonito marcapáxinas creción da profesora de Educación Plástica, Marta Fariñas.
Moitas grazas a todos e a todas. Moitas grazas Carmela. Moitas grazas Marta. 💙💙💙
A partir deste curso Hora de Ler será unha actividade diaria e por iso preparamos caixas para levar ás aulas e que os despistados e as despistadas poidan tamén sumarse.
Seguiremos co voluntariado na nosa biblioteca, cos clubs de lectura, coa presentación ao alumnado de 1º e tantas e tantas actividades.
Benvidos. Benvidas. Comezamos.