Buscar neste blog

venres, 19 de maio de 2017

libros de lectura galego II

Selección de libros de lectura para 1º ESO para o curso 2016-17




Título
Autor
Editorial
De que trata
O derradeiro irmán
Appanah, Nathacha
Xerais
Raj faise amigo de David, dun rapaz xudeu confinado nun campo de concentración.
Habitación 202
Blanco, Concha
Everest Galicia
Historia de maquinacións, pesadelos e aparicións.
As viaxes do príncipe azul
Cabana, Darío Xohán
Galaxia
O príncipe Cerúleo non quere ser príncipe e os pais obrígano a ir polo mundo para facer currículo.s
O talismán dos druídas
Carballude, Pepe
Galaxia
Os habitantes do castro de Amarelle necesitan recuperar o talismán desaparecido para enfrontarse aos invasores romanos.
Maldito DNI!
Carballude, Pepe
Xerais
Olimpio Montes quere morrer legalmente para vivir sen atrancos, pero non é fácil.
Dúas bágoas por Máquina
Casalderrey, Fina
Xerais
Hai varios días que o cadelo Máquina falta da casa e Xusta está preocupada.
Ás de mosca para Anxo
Casalderrey, Fina
Anaya
Estrela , unha alumna do último curso de primaria que recibe clases de apoio, demostraralle ao mundo que é unha grande persoa.
Chamádeme Sinbad
Castro, Francisco
Galaxia
O avó de Paulo ten alzheimer e xa non lembra o nome do neto a quen chama Simbad
Xogando con gatos
Cortizas, Antón
Xerais
Teatro. De xogarmos cos xoguetes tradicionais non sería necesaria esta obra
Escarlatina, a cociñeira defunta
Costas, Ledicia
Xerais
Román Casas recibe polo seu aniversario como agasallo unha cociñeira defunta
Esmeraldina, a pequena defunta
Costas, Ledicia
Xerais
Esmeraldina, a pequena cociñeira, morre de escarlatina
Matilda
Dahl, Roald
Alfaguara-Obradoiro
Matilda é unha nena con poderes que se enfronta no colexio coa señorita Trunchbull.
Danny, o campion do mundo
Dahl, Roald
Xerais
Danny vive só co seu pai desde que ten catro meses e morre a súa nai. O pai garda un importante segredo.
O pazo baleiro
Docampo, Xabier P.
Anaya
Nicolás atopa, na caixa dun antigo reloxo, as pistas para dar cunha xoia nun pazo deshabitado.
Cando petan na porta pola noite
Docampo, Xabier P.
Xerais
Catro historias de medo.
Un conto de tres noites
Docampo, Xabier P.
Xerais
O Visito conta durante tres noites a historia do rei Gaoth. Desde unha altísima torre o rei divisa unha illa nunca vista.
Nena e o mar
Esmorís, Erica
Xerais
Nena queda ao coidado de toda a aldea mentres o seu pai non regresa do mar
Os Megatoxos e o aprendiz de druída
Fariña, Anxo
Consorcio
Ruxe, Lúa, Faísca e Ninfa desenvolven por accidente estraños poderes e viaxan no tempo ata o mundo dos celtas.
Os Megatoxos e a espada esmeralda
Fariña, Anxo
Consorcio
Os Megatoxos viaxan no tempo ata a Idade Media na procura dunha solución para a súa mutación xenética.
Os Megatoxos e os Templarios da luz
Fariña, Anxo
Consorcio
Os Megatoxos viaxan coa súa clase a París e alí descubrirán as redes dos misteriosos Templarios da Luz.
Os Megatoxos e a cara oculta da lúa
Fariña, Anxo
Xerais
Unha horrible transformación esténdese polo instituto dos Megatoxos entre o alumnado e o profesorado.
Avenida do parque, 17
Fernández Paz, Agustín
SM
Marta múdade a vivir a unha nova casa nunha nova cidade. Ao pouco comezan a suceder estraños fenómenos.
Contos por palabras
Fernández Paz, Agustín
Xerais
Dez contos que se desenvolven a partir de anuncios por palabras dos xornais.
Unha lúa na fiestra
Fernández Paz, Agustín
Xerais
Cinco relatos nos que se mestura a realidade coa fantasía.
Lúa do Senegal
Fernández Paz, Agustín
Xerais
Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa do Senegal para instalarse en Vigo onde o seu pai xa leva anos.
Amar e outros verbos
Fernández, Ana María
Everest
Poemas a partir de verbos que recrean a vida.
Carne de pedra
Funke, Cornelia
Xerais
Jacob Reckless cometeu un erro cando permitiu que o seu irmán Will entrase tras el ao cruzar o espello.
Os nosos versos
García Teijeiro, Antonio
Xerais
Poemas escritos para denunciar inxustizas, iluminar sombras, revindicar vellos soños…
Todo o verán por diante
González i Caturla
Galaxia
Toni e Raquel son dous rapaces que van ao mesmo instituto e vense enredados nunha relación sentimental.
Tanis primeiro, o Mocos
González, Lourenzo
Xerais
Estanislao é un príncipe punky que se ve obrigado a gobernar o seu reino.
Antoloxía do conto popular galego
Hardinguey/Barrio
Galaxia
Colección dos mellores contos de animais, marabillosos, realistas...
A lei da rúa
Hinton, Susan E.
Alfaguara-Obradoiro
Rusty James conseguiu sobrevivir nos suburbios dunha grande cidade pero o prezo que ten que pagar é moi alto.
Vaiche boa!
Jennings, Paul
Galaxia
Colección de relatos con moita fantasía e humor.
Amancio Amigo e o meigo de Salamanca
Miranda, Xosé
Xerais
Amancio é un rapaz do Courel que estuda en Salamanca. Un día decide estudar para meigo e enfrontarse a un ser poderoso.
A noite da raíña Berenguela
Neira Cruz, X.A.
Oxford
A raíña esperta do seu sono unha vez ao ano e persorre as rúas de Santiago esparexendo a súa beleza
O merlo branco
Pazó, Cándido
Bruño
Nace un merlo branco e como o pai se sente deshonrado o fillo irá polo mundo buscando a quen se parece.
O enigma de Embívicus
Perozo, Xosé Antonio
Consorcio
Cali está namorado da rapaza equivocada e vive nunha vila na que hai un misterioso embigo.
A aurora boreal
Pullmann, Philip
Faktoría K
Estrañas desaparicións, unha nena moi especial e un segredo desvelado.
O coitelo sutil
Pullmann, Philip
Faktoría K
Lyra e Will viaxan de mundo en mundo e descobren un segredo: un obxecto de poder extraordinario e devastador.
O anteollo de ámbar
Pullmann, Philip
Faktoría K
Lyra e Will descubrirán por que eles foron os elixidos para desvelar o gran segredo.
Ke-Tumba. Ke-Tamba
Quintiá, Xerardo
Galaxia
Ke-Tumba Ke-Tamba pertence á tribo dos indios Taram-Bainas, feroces guerreiros salvaxes; pero el non o é.
O tesouro das ánimas
Regueiro, Conchi
Baía
Natalia e Guillerme tentan resolver cun videoxogo unha vella lenda da súa vila.
A lingua das bolboretas
Rivas, Manuel
Xerais
Pardal tiña m oito medo á escola e ao mestre ata que coñeceu a aquel mestre republicano tan especial.
Tonecho de Rebordechao
Riveiro, Breogán
Everest
Tonecho é o mellor rapaz da súa aldea, o máis guapo e o máis intelixente, porque non hai máis rapaces en Rebordechao.
Contos ao teléfono
Rodari, Gianni
Juventud
O contable Bianchi chamaba todas as noites á súa filla para contarlle unha historia moi curta e divertida.
Retrincos
Rodríguez Castelao, A. Daniel
Galaxia
Cinco contos baseados na vida de Castelao: O segredo, O inglés, Peito de lobo, O retrato e Sabela.
A guía fantástica
Sennell, Joles
Galaxia. Árbore
O alicorno vai arrincando todas as súas plumas para ir escribindo un libro coa pinguiña de sangue que cae antes de morrer.
O cocho de carreiras Rudi Fuciños
Timm, Uwe
Galaxia
A Zuppi tócalle un cocho na feira e á súa familia non lle fai graza gardalo no piso.


Antoloxía do conto de tradición oral
VV.AA.
La Voz de Galicia
Colección de quince contos de tradición oral

Ningún comentario:

Publicar un comentario