O venres 21 de febreiro a exalumna Araceli Fernández estivo no noso centro para falar de cómic e da Escola Profesional de banda deseñada e Ilustración de Galicia, O Garaxe Hermético, en Pontevedra, onde ela estuda. Este local fundouno o ilustrador galego Kiko da Silva no ano 2012.
O alumnado de 1º e 2º do Bacharelato de Artes e o alumnado do Club de manga quedaron encantados e encantadas co que a súa excompañeira lles contou e foron moitas as preguntas ao final do acto.
 |
Unha imaxe da Escola de banda deseñada O Garaxe Hermético en Pontevedra |
Ningún comentario:
Publicar un comentario