Buscar neste blog

domingo, 12 de setembro de 2021

COMEZAMOS O CURSO 2021-2022

 E xa estamos outra vez aquí. Con forzas renovadas. Desexando gozar unha vez máis da nosa comunidade lectora.

Este curso

- Xa non tedes que pedir os libros online, aínda que deixamos o formulario aberto. Por se acaso...

- Hai un montón de clubs de lectura para que escollades: 1º ESO, 2º ESO, 3º ESO, Igualdade, Literatura e cine, Manga, Club de adultos de Novela negra...

- Está aberto o formulario de suxestións para que vaiades achegando os libros que vos gustan.

- Faremos un vídeo de presentación da nosa biblioteca actualizado.

- E teremos oficialmente alumnado voluntario na biblio.

Aiiiiii! Que ganas de comezar!!! Benvidos! Benvidas!! Engalamos!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario