Buscar neste blog

luns, 17 de xuño de 2024

SAÍDA A LIBRARÍAS 2024

 


Unha selección de alumnado de algúns dos nosos clubs de lectura, pois todos e todas era imposible, gozaron un ano máis da nosa tradicional saída a librarías.

Comezamos no Calvario na libraría Banda Deseñada para seguir  con Cartabón, Versus, Norma Cómic e, xa pola tarde, A Casa do Libro.

Mercamos libros para a nosa Biblioteca, os que eles e elas quixeron, e tamén o alumnado puido mercar os libros que lles apeteceu.

Rematamos, coma sempre, cunha foto no emprazamento da imprenta de Juan Compañel en Vigo, o lugar onde se imprime por primeira vez Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, libro que inaugura o Rexurdimento galego.

Un día moi completo e enriquecedor.







Ningún comentario:

Publicar un comentario