Durante a última semana de xaneiro dous grupos de 2º ESO, 2º A e 2º B, fixeron unha busca do tesouro na Biblioteca.
En grupos de 4 ou 5 persoas tiveron que responder a distintas preguntas e para iso tiñan que buscar libros de diferentes seccións e atopar a editorial, o autor, o nome dun capítulo...
A experiencia, coma sempre, é moi positiva e temos que destacar o excelente comportamento do alumnado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario