A alumna Érika Álvarez González, de 3º ESO C, recibiu o premio de narrativa Ouvea o lobo, que organiza Aulas Galegas.
Érika presentouse a finais do curso 2019-20 animada pola súa profe de Lingua galega, Iria Lei Figueiroa.
O premio consistiu en dous libros de lectura: Jules Verne e as mulleres planta, de Ledicia Costas e Ata que o saibas todo, de Juan Cruz Igerabide.
Noraboa a Érika, noraboa á súa profe do curso pasado e noraboa á organización do concurso: necesitamos moita xente interesada na lectura e na lingua.
![]() |
| Érika recibe na súa clase de 3º ESO C o premio |

Ningún comentario:
Publicar un comentario