A víspera do Samhain o noso Club manga, Baranoki, celebrou o Hyakumonogatari Kaidankai. Esta tradición xaponesa consiste en sentar en círculo nunha habitación iluminada por cen candeas. Cada vez que alguén conta unha historia de pantasmas apaga unha candea, de xeito que a habitación queda cada vez máis escura.
No Club manga empregamos lanternas en troques de candeas, pero creamos a atmosfera adecuada e tanto profesorado coma alumnado atreveuse coas súas historias de medo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario