Buscar neste blog

venres, 26 de setembro de 2025

FORMACIÓN DE USUARIOS

 


Os grupos de 1º de ESo xa comezaron a baixar á Biblioteca para coñecer o seu funcionamento.

Os primeiros e as primeiras en baixar foron os de 1º ESO D, coa súa titora Raquel Méndez.

Explicáronlles como estaban organizados os fondos e que hai que facer para levar prestado un libro; xogaron cos rexistros e aquelas que quixeron xa puideron coller un libro en préstamo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario