Buscar neste blog

luns, 1 de decembro de 2025

ROTEIRO LITERARIO

 


O luns 1 de decembro os grupos de segundo de Bacharelato gozaron dun roteiro literario por Ourense organizado polo Departamento de Lingua Galega e pola Biblioteca.

Primeiro seguiron as pegadas de A esmorga, de Eduardo Blanco Amor. Tamén repararon no río Barbaña, escenario de novelas e relatos como "O Suso" de Ferrín. E rematamos a xornada no pazo de Trasalba de onde son as imaxes que acompañan esta entrada.

Ah! E o máis importante. O alumnado puido relaxarse no Ourense termal de Outariz.

Outonizo e literario día.




Ningún comentario:

Publicar un comentario