O venres 10 de abril tiveron no Club Manga unha visita moi especial uxia@keiseri_cos, exalumna do noso instituto e fundadora do Club.
Uxía veu dar unha charla sobre cosplay, a arte de disfrazarse e interpretar personaxes das series que máis nos gustan.
En concreto falou do atrezo e dos props, é dicir, accesorios tales como armas, adornos, armaduras...
Despois de que nos explicase os detalles, pinturas, pegamentos ou as distintas ferramentas, o alumnado do Club estivo case unha hora facéndolle preguntas.
Moitas grazas Uxía, coma sempre!



Ningún comentario:
Publicar un comentario