Buscar neste blog

venres, 15 de maio de 2026

HAMLET

 


O venres 15 de maio o grupo de teatro do IES de Mos, Compañía de teatro Petelos, estreou a súa adaptación do Hamlet de Shakespeare na sala Rebullón,  no centro cultural  As Pedriñas.

Os actores, todos e todas alumnado do IEs de Mos, levaron a cabo unha exitosa actuación e o público aplaudiu con entusiamo.

Celebramos esta marabillosa iniciativa. Celebramos a adaptación en lingua galega da grande obra shakespeariana. Celebramos a enerxía da súa directora,  a profesora Rebeca Gómez Ramos. E celebramos a valentía dese grupo de actores e actrices novos que reivindicaban ao final da representación diferentes posturas ante a vida. Ese teatro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario