Buscar neste blog

venres, 7 de xuño de 2019

O IES DE MOS NAS XORNADAS DOS CLUBS DE LECTURA


O día sete de xuño celebráronse en Santiago as XII Xornadas dos Clubs de lectura en Galicia, entre os que nos contamos.

A conselleira de educación, Carmen Pomar, asegurou que a experiencia dos clubs de lectura é difícil de imaxinar se non se experimenta. E tanto!!!

O Premio dos clubs de lectura ao autor ou autora máis lido recaeu en María Reimóndez. A poeta e narradora recolleu o premio moi emocionada. Desta autora o noso club de maiores leu o ano pasado Corredora, a historia de superación dunha atleta etíope. Invitámosvos a lelo. Este ou calquera outra obra de María. Non vos decepcionará.


A conselleira Carmen Pomar na inauguración das Xornadas



María Reimóndez recolle emocionada o premio dos clubs de lectura


A obra de Reimóndez na nosa biblioteca



Ningún comentario:

Publicar un comentario