Buscar neste blog

luns, 3 de xuño de 2019

RUTA LITERARIA LEDICIA COSTAS

O día tres de xuño o Club de lectura de 1º ESO levou a cabo unha ruta literaria pola cidade de Vigo.

Visitamos lugares relacionados dalgunha maneira co libro Jules Verne e as mulleres planta de Ledicia Costas: o Museo do Mar de Vigo; o cemiterio de Pereiró; a fábrica de Sanjurjo na rúa García Barbón; a Escola de Artes e Oficios en Vigo; a rúa da Misericordia onde vivía a protagonista, Violeta; e a estatua de Xulio Verne nas Avenidas.

Ao final da xornada, e despois do descanso para comer, o alumnado tivo tempo de ir a La casa del libro para mercar libros para a nosa Biblioteca.



No Museo do Mar co invento de Sanjurjo



Preparando o xogo de pistas no Museo do Mar



Ás portas do cemiterio de Pereiró



Na Biblioteca da Escola de Artes e Oficios, 130 anos de historia!!



Na rúa en que vivía Violeta, no casco vello de Vigo



Atentos ao xogo na estatua de Xulio Verne en Vigo



Ningún comentario:

Publicar un comentario