Buscar neste blog

mércores, 24 de xuño de 2020

ENQUISA AO ALUMNADO DO IES DE MOS SOBRE A BIBLIO

Despois do parón que supuxo a pandemia do covid-19 para moitas das nosas actividades da Biblioteca quixemos rematar o curso 2019-2020 cunha enquisa sobre a Biblioteca e hábitos lectores no noso centro.
Na enquisa participaron 221 rapaces e rapazas de todos os niveis educativos. Coas súas respostas iniciamos unha etapa de reflexión para mellorarmos no vindeiro curso.
Moitas das conclusións son interesantísimas: á maioría gústalle ler, a maioría utiliza a biblioteca, a maioría demanda máis espazo, a maioía recoñece a biblioteca como un factor importante na súa relación cos libros... Botádelle un ollo e tirade as vosas propias conclusións entrando nesta ligazón: resultados enquisa
Feliz verán lector!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario