O sábado 27 de xuño varias das coordinadoras dos Clubs de lectura do noso IES fixemos unha saída a librerías para mercar libros: non podiamos deixar de apoiar as librerías nun momento tan difícil para a súa recuperación despois da pandemia do covid-19.
Esta saída faise sempre con alumnado pero para evitar riscos innecesarios desta volta fomos só as coordinadoras. Son libros que imos disfrutar o vindeiro curso; podedes botarlles unha ollada e ler algún no verán: seguro que acertades.
Felices lecturas!!
 |
Na Librería BDBanda mercamos sobre todo cómic e manga |
 |
Estes son algúns dos libros que mercamos en Librería Cartabón |
 |
En La casa del libro escollemos literatura xuvenil |
Ningún comentario:
Publicar un comentario