Unha vez máis o Departamento de Lingua castelá e Literatura animouse a participar no concurso de redacción Coca Cola.
Varias rapazas e rapaces de 2º ESO A, B e C embarcáronse na aventura.
Tiñan que crear un relato a partir dun estímulo creativo: "unha parella de namorados, entrelazados e sentados lombo contra lombo". Que historia comezará ou rematará con esta escena? Como unha imaxe pode impulsar a unha nova aventura?
Durante vinte minutos aceptaron o reto de crear, a partir dun pequeno empurrón.
Agora, a esperar a decisión do xurado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario