Buscar neste blog

venres, 18 de marzo de 2022

ESCOLA DE FAMILIAS


 


Na semana do 14 de marzo os pais a as nais da nosa comunidade educativa tiveron a oportunidade de participar na I Escola de Familias organizada no IES de Mos.

A Biblioteca tamén participou cunha charla explicativa sobre o funcionamento da nosa Biblioteca e a importancia de formar parte de PLAMBE.

Confiamos en que en anos vindeiros a participación irá en aumento e a Escola de Familias poida dar resposta ás inquietudes das nosas familias.


Ningún comentario:

Publicar un comentario