Un grupo de dez regueifeiros e regueifeiras de 3º ESO A e B participaron na final de Regueifas en Valadares o venres 8 de novembro.
Os nosos regueifeiros foron seleccionados de entre vinte centros de secundaria da provincia de Pontevedra.
En Valadares participaron dez centros e o IES de Mos quedou de cuarto despois do IES Marco do Camballón, de Vila de Cruces, do IES Aleixandre Bóveda de Vigo e do San Tomé de Freixeiro, tamén de Vigo.
Os nomes dos nosos valentes son, Ainoa Alonso, Manuel Barciela, Pablo del Cuvillo, Hiba Errahali, Sofía Freiría, Xiana García, Sira Loureiro, Nerea Veloso, Sabela Pedreira, Valey Leirós.
ORGULLOSAS DAS NOSAS REGUEIFEIRAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario