O luns 11 de novembro reuniuse o Club de lectura de Novela negra de 1º Bacharelato para comentar a primeira parte da súa escolla deste trimestre, La chica de nieve, de Javier Castillo.
Aproveitaron o argumento da obra, a desaparición dunha nena e a implicación dos medios de comunicación, para establecer unha correlación co acontecido coa dana e os seus estragos.
Debateron sobre como afrontar a perda dun ser querido e, posteriormente, sobre o papel dos medios de comunicación. Remataron buscando en xornais actuais exemplos de noticias sensacionalistas e destacando o seu impacto na sociedade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario